fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Exnovios
Música | VariosMúsica
Exnovios
TerraZeando
Chega a séptima edición de TerraZeando "Ciclo de concertos ao fresco" unha proposta que pretende aproveitar lugares especiais o aire libre en Compostela. O penúltimo concerto será protagonizado por Exnovios, unha banda de Pamplona que lembra a ritmos de pop ibérico dos 60
que

TerraZeando é o ciclo estival da Asociación Desconcierto Cultural co que pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares de Compostela que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.

O ciclo volve neste 2018, na súa sétima tempada, cun bo feixe de propostas apaixoantes, xa que temos a retrosicodelia de Baywaves, a tensión dos portugueses Dear Telephone, o pop canónico de Exnovios, o sixtie progresivo de Los Reyes Magos, ou o espírito festivo de Alberto & García. E, por suposto, unha excelsa representación da terra co garaxe gambero de Kings of The Beach e o folk de Helen & Shanna.

Todos os conciertos do ciclo son gratuítos grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural, ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; ao dos nosos patrocinadores: Cervezas Alhambra, Vermú Lodeiros e Grupo Reboreda Morgadío; ao dos colaboradores: Hotel Costa Vella e NH Collection Santiago e, por suposto, aos espazos nos que levamos a cabo os concertos.

O penúltimo dos concertos virá da man de Exnovios, un grupo pamplonés cuxos ritmos e melodias evocan o pop ibérico dos 60 mesturado versións de bandas como  Brian Jonestown Massacre ou Spiritualized. Exnovios é un grupo novo que editaba o seu segundo album "amor droga" o ano pasado co selo discográfico "nébula" , una proposta musical que de seguro non deixará indiferente a ninguén. 

 

cando e onde
Mércores 18 xullo 2018
21:00  Terraza do Hotel Costa VellaRúa da Porta da Pena 17981 56 95 30

prezo das entradas
De balde
de interese
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org