fondo web
GAL | ES
logotipo concello de Santiago
Qué?
Cando?
Onde?
Criterios seleccionados
Suprimir todo
Letras | Libros | Domingo 3 xuño
O festival literario Correntes d’Escritas chega á SELIC

Santiago de Compostela, 03/06/2018. Na súa cuarta xornada, a II Semana do Libro de Compostela recupera o horario reducido de 17.00 horas a 21.00 horas. As actividades paralelas incluídas no programa do luns comezan de seguido no Espazo Efémero, onde a Editorial Traficantes de Sueños exporá as súas publicacións máis recentes e as liñas estruturais das súas coleccións. Este selo iniciou andadura en 1995 co gallo de xerar un espazo de reflexión que entende e emprega o libro como un instrumento de transformación individual e colectiva. Na aposta pola cultura libre, o proxecto edita textos baixo licenzas Creative Commons e sostense a través de diversas fórmulas de participación da comunidade que xera ao seu redor. Traficantes de Sueños integra editora, libraría asociativa, distribuidora, taller de deseño, e espazo para a autoformación e produción.

No arranque da semana, a SELIC non esquece gardar un espazo destacado para a rapazada na súa grella de actividades. Ás 18.30 horas, a libraría El faro de los tres mundos instala baixo a carpa da Quintana a Radio Bule-Bule de Paco Nogueiras, un encontro narrativo e musical sobre o libro-cd homónimo que edita Kalandraka. Ao seu remate, ás 19.00 horas, Patasdepeixe editora convida ás nenas e nenos de entre 6 e 10 anos a participaren no obradoiro Que é un libro?, onde descubrirán o coidado traballo que hai por tras das páxinas que chegan ás súas mans.

Finalmente, e a seguir coa fiestra aberta ás mostras culturais de Póvoa de Varzim no decorrer da semana, o programa de actividades achégase ao Correntes d’Escritas, o festival para o encontro das literaturas e as linguas que se celebra cada febreiro na cidade lusa. A coordinadora do festival, Manuela Ribeiro, directora tamén da revista literaria do mesmo nome, participará ás 19.30 horas na sesión Correntes de Conversa, onde compartirá mesa e diálogo con Carlos Quiroga, escritor e profesor de Literaturas Lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela.

http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf
http://www.santiagoturismo.com/files/2018/07/COMXULAGOwebesp.pdf http://ofv.auditoriodegalicia.org
http://www.auditoriodegalicia.org/ www.compostelacapitalcultural.org http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=331&OR=331&SORT=2&ORDER=2
www.compostelacapitalcultural.org http://e-auditoriodegalicia.net/ www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org
www.compostelacapitalcultural.org/index.html www.compostelacapitalcultural.org/index.html http://www.compostecapitalcultural.org http://www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org www.compostelacapitalcultural.org